Saltar ao contido

Asahi Shimbun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Asahi Shimbun
 Título
朝日新聞 (ja)
Asahi shinbun (ja) Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
Características
 Formato de xornal
 Lingua
 Posición política
 Industria
Implicados
 Editorial
Datas
 Fundación / creación
1879 Editar o valor en Wikidata
 Periodicidade
0,5 d Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
 Substitúe
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
 Prezo
150 ¥
50 ¥ Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de operación
 País de orixe
Fontes e ligazóns
ISSN1045-5094 Editar o valor en Wikidata
VIAF178217680 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01ttwm Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Facebook: asahicom Twitter: asahi Instagram: asahi_shimbun Bluesky: asahi.com Youtube: UCMKvT0YVLufHMdGLH89J1oA TikTok: asahi_digital Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Asahi Shimbun (朝日新聞, Asahi Shinbun, en galego: «As novas do sol da mañá») é o segundo xornal máis popular do Xapón, detrás do Yomiuri Shimbun.

Características

[editar | editar a fonte]
Oficinas de Asahi Shimbun Publishing Co. en Osaca, no Xapón.

O xornal autodenomínase ideoloxicamente como «liberal e de nova esquerda», en contraposición a outras correntes ideolóxicas expostas por competidores coma o Yomiuri Shimbun (centro-conservador), Sankei Shimbun (conservador de dereita) e Mainichi Shimbun (centro-esquerda tradicional). Porén, a esquerda tradicional xaponesa acusa frecuentemente ó diario de conservador, mentres que os conservadores acúsanno de ser de esquerda, ou mesmo é acusado de apoiar ó Partido Comunista do Xapón e ser comunista por sectores da dereita. O seu apoio ás posturas de acercamento coa China, fan que o xornal sexa considerado como «antiamericano e prochinés» pola prensa estadounidense, malia que o xornal critica frecuentemente ós réximes da China e Corea do Norte.

Pacifista dende o fin da segunda guerra mundial, a publicación conta con 3000 xornalistas, incluídos os correspondentes no estranxeiro.

O xornal ten unha alianza co diario International Herald Tribune e publica o International Herald Tribune/Asahi Shimbun como a súa versión en inglés que substituíu á anterior versión en inglés titulada Asahi Evening News. Ademais ten outra alianza co xornal oficial da República Popular da China 人民日报 (Rénmín Ribao, Diario do Pobo).

A columna Tensei Jingo (天声人語, «A voz divina é a linguaxe do pobo», en referencia á frase en latín Vox Populi, Vox Dei, ‘voz o pobo, voz de Deus’) publícase diariamente dende 1904, tratando novas e temáticas sociais recentes. A columna tamén está dispoñíbel como boletín electrónico (newsletter).

Cronoloxía

[editar | editar a fonte]
Oficinas de Asahi Shimbun en Tsukiji, Chūō, Tokyo.
  • 25 de xaneiro de 1879, publica a súa primeira edición en Osaka cunha tirada de 3000 exemplares.
  • 1883, transfórmase no xornal de maior circulación de Xapón, con máis de 21 000 exemplares diarios.
  • 10 de xullo de 1888, compra o xornal de Tokyo Mezamashi Shimbun (めざまし新聞, Mezamashi shinbun) e expande a súa presenza a Tokyo lanzando o Asahi Shimbun de Tokyo (東京朝日新聞, Tōkyō asahi shinbun).
  • 1889, cambia o nome da publicación en Osaka a Asahi Shimbun de Osaka (大阪朝日新聞, Ōsaka asahi shinbun)}.
  • 1890, o Asahi Shimbun de Tokyo aumenta a súa capacidade de produción a 30 000 exemplares. O 2 de novembro, o Asahi Shimbun de Osaka e o Asahi Shimbun de Tokyo son os primeiros en publicar a transcrición da declaración da nova constitución imperial.
  • 1 de maio de 1904, publícase por primeira vez a columna Tensei Jingo (天声人語). O 30 de setembro imprime a súa primeira fotografía, das tropas xaponesas na fronte de batalla en China.
  • 10 de xaneiro de 1908, fusiónanse corporativamente o Asahi Shimbun de Osaka e o Asahi Shimbun de Tokyo como sociedade de responsabilidade limitada Asahi Shimbun (朝日新聞合資会社, Asahi shinbun goshigaisha).
  • 17 de novembro de 1911, Shigeko Takenaka (竹中繁子) transfórmase na primeira xornalista de sexo feminino no Asahi Shimbun.
  • Agosto de 1915, Comeza a publicación da edición vespertina do Asahi Shimbun de Osaka.
  • 1918, O Escándalo do arcoíris branco reduce o poder político do xornal.
  • 9 de xaneiro de 1923, as oficinas do Asahi Shimbun de Tokyo son destruídas polo Gran terremoto de Kantō. No mesmo ano publica a noticia falsa dunha rebelión coreana.
  • 1924, excede o millón de exemplares diarios.
  • 1929, en conmemoración das súas 50 anos crea o Premio Asahi.
  • 25 de novembro de 1935, comeza a publicación do diario no oeste coas súas novas oficinas creadas en febreiro en Nagoya, cubrindo practicamente toda a península de Xapón coa súa publicación.
  • 10 de abril de 1937, o avión do Asahi Shimbun «Vento divino» (神風, Kamikaze) establece a marca mundial dun voo entre o leste asiático e Europa cunha viaxe de 94 horas, 17 minutos e 56 segundos.
  • 1 de setembro de 1940, unifícanse o nome das publicacións como o Asahi Shimbun.
  • 1 de xaneiro de 1943, prohíbese a publicación do Asahi Shimbun logo da publicación dun ensaio de Seigo Nakano (中野正剛) crítico ao oficialismo.
  • 5 de novembro de 1945, renuncia o presidente e todo o directorio como forma de aceptación das súas responsabilidades ao tergiversar os principios ideolóxicos do xornal durante a Segunda Guerra Mundial.
  • 21 de novembro de 1947, o xornal adopta o novo sistema de kana (新仮名使い, shin kanazukai).
  • 1 de outubro de 1951, renóvase a publicación en formato matutino e vespertino abandonada previamente.
  • 1950, publica unha entrevista exclusiva co líder do Partido Comunista de Xapón Takashi Ito (伊藤律, Itō Takashi) que até o momento estaba incógnito. Máis tarde revélase que foi unha fabricación do xornalista.
  • 1959, establece as súas oficinas en Hokkaidō.
  • 1 de xaneiro de 1965, a edición de Ano Novo vende 5,31 millóns de exemplares, batendo a marca de 5 millóns por primeira vez en Xapón.
  • 18 de novembro de 1979, o Asahi Shimbun organiza o primeira maratón internacional feminina en Tokyo.
  • 1980, traslada as súas oficinas de Tokyo de Chiyoda-ku (千代田区) a Chuo-ku (中央区, Chūō ku). Comeza a utilizar o sistema de edición de páxinas computarizado NELSON.
  • Maio de 1987, é vítima unha serie de ataques terroristas en Tokyo, Nagoya e Shizuoka. O «Escuadrón da vinganza vermella» (赤報隊, Sekihōtai) adxudícase a autoría dos ataques. O nome da agrupación fai referencia ao sangue, non ten relación co comunismo, e ten orixe nunha agrupación co mesmo nome da era Edo.
  • Xuño de 1988, finalizada a instalación do sistema NELSON nas oficinas de Osaka, o proceso de edición atópase 100% computarizado en todas as súas oficinas.
  • 1996, traslada as súas oficinas do oeste do país desde Nagoya até Fukuoka.
  • Marzo do 2003, substitúe o "Suplemento do Domingo" publicado todas as semanas desde 1956 polo suplemento "be" (Business&Entertainment inglés, Negocios e Entretemento).
  • 1 de abril do 2005, moderniza o seu sistema computarizado substituíndo ao antigo sistema NELSON.
  • 3 de abril do 2005, renomea o suplemento do domingo de be a be on Sunday («negocios e entretemento do domingo») e publica o novo suplemento be on Saturday («negocios e entretemento do sábado»). Os nomes son un xogo de palabras en inglés con be (verbo ser).
Tsukiji, Chuo-ku, Tokyo
Nakanoshima, Kita-ku, Osaka

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]