Saltar ao contido

Foshan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Foshan
 Nome oficial
    佛山市 (zh) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Fotomontaxe
 Instancia de
 Parte de
Implicados
 Órgano lexislativo
 Autoridade executiva
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Contén división administrativa
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
 Superficie
   3.797,72 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   16 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal528000 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap3464719 Editar o valor en Wikidata
VIAF159437769 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03_nyt Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Foshan (en chinés tradicional e simplificado: 佛山; en pinyin: Fóshān) é unha cidade-prefectura do centro da provincia de Guandong, na República Popular da China. A prefectura ocupa un territorio de 3.848 km2, cunha poboación de 9.498.863 persoas segundo o censo de 2020. A cidade sitúase na área occidental do delta do río das Perlas, unha conurbación de 86.100.000 habitantes, a meirande zona urbana do mundo en termos demográficos.

Foshan é considerada o berce da ópera cantonesa, un tipo de ópera chinesa; da arte marcial coñecida como nanquan e da danza do león.

Foshan é a romanización do nome chinés da cidade, 佛山, segundo a súa pronunciación en mandarín. Outras transliteracións, baseadas no cantonés local, son Fat-shan[1][2] ou Fat-shun.[3] Foshan significa "a montaña do Buda" e, malia a famosa estatua moderna de Guanyin no monte Xiqiao, que non é o Buda, o nome refire a un pequeno outeiro preto do centro da cidade onde se atoparon tres esculturas de bronce do Buda en 628. A localidade medrou arredor dun mosteiro fundado nesa área que foi destruído en 1391.[4]

Antes do século XX

[editar | editar a fonte]

Foshan foi un asentamento de pouca importancia nas beiras do río Fen durante a maior parte da historia da China. Medrou arredor dun mosteiro budista construído durante a dinastía Tang, que foi arrasado en 1391.[4] O Templo Ancestral de Foshan, un templo daoísta dedicado a Beidi (o "deus do Norte"), erixido en 1372, converteuse no novo centro da comunidade local cara ao século XV.[4]

Contra o comezo da dinastía Ming, Foshan era xa un dos catro grandes núcleos comerciais da China, especializado nas cerámicas e na metalurxia.[5] Baixo o goberno dos Qing, limitouse o uso do seu porto no río Fen aos barcos de mil toneladas de carga, mais permaneceu ben conectado co resto de portos de Guandong.[5] Durante o século XIX, foi considerada a "Birmingham da China" pola súa industria do aceiro, responsable do consumo da maioría do ferro producido na provincia.[3]

Dende o século XX

[editar | editar a fonte]

A comezos do século XX, Foshan conectouse con Guangzhou e Sanshui mediante tren.[5] O Templo Ancestral converteuse no Museo Municipal de Foshan tras a vitoria dos comunistas na guerra civil chinesa en 1949.

Foshan continuou sendo un centro de produción de cerámica e aceiro até a década de 1950, cando pasou a ser tamén un núcleo político urbano. O 26 de xuño de 1951, escindiuse do condado de Nanhai e constituíuse nunha cidade-condado; en 1954 instalouse en Foshan a sede do goberno da prefectura.[5] A economía da cidade estancouse pola Revolución Cultural, xa que a cerámica tradicional prohibiuse en favor da elaboración de figuras maoístas e revolucionarias. Porén, seguiu a medrar até alcanzar unha poboación de 300.000 persoas nos 70, converténdose na segunda cidade máis grande da provincia despois de Guangzhou.[5]

Non obstante, dende cando menos 1973, a agricultura e as industrias de consumo recibiron permiso para exportar a súa produción, polo que se construíu unha autoestrada directa con Guangzhou. Isto facilitou que o secretario do partido Tong Mengqing e mais o alcalde Yu Fei aproveitasen ao máximo a política de Reforma e Apertura establecida por Deng Xiaoping tras a caída da Banda dos Catro.[5]

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ Chisholm 1911.
  2. ↑ Shabad 1956, p. 166.
  3. 1 2 Baynes 1878.
  4. 1 2 3 McDermott 1999, p. 281.
  5. 1 2 3 4 5 6 Vogel 1990, p. 182.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]