Saltar ao contido

George Orwell

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaGeorge Orwell

Foto que aparece na acreditación de Orwell para a Branch of the National Union of Journalists (1933)
Biografía
Nacemento(en) Eric Arthur Blair Editar o valor en Wikidata
25 de xuño de 1903 Editar o valor en Wikidata
Motihari Editar o valor en Wikidata
Morte21 de xaneiro de 1950 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Londres Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaChurch of All Saints cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBarnhill (en) Traducir (1946–1950)
Francia
Birmânia Britânica (pt) Traducir
París
Londres
Motihari Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo inglés Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaSocialismo, socialismo democrático, anti totalitarismo, Esquerda anti-stalinista (pt) Traducir e antifascista (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo e anglicanismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónEton College (–1921)
St Cyprian's School (en) Traducir (–1917)
Wellington College Editar o valor en Wikidata
Altura188 cm Editar o valor en Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor en Wikidata
Cor do peloCabelo castaño Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArtes escénicas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1928 Editar o valor en Wikidata - 1949 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorBritish Broadcasting Corporation Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Trabalhista Independente (pt) Traducir (1938–1940) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoLiteratura distópica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioGeorge Orwell
John Freeman Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarBrigadas Internacionais Editar o valor en Wikidata
Participou no conflitoguerra civil española
Segunda Guerra Mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeEileen O'Shaughnessy (1935–1945, falecida)
Sonia Brownell (1949–1950) Editar o valor en Wikidata
FillosRichard Blair
 () Eileen Blair Editar o valor en Wikidata
PaisRichard Walmesley Blair Editar o valor en Wikidata  e Ida Mabel Limouzin Editar o valor en Wikidata
IrmánsMarjorie Frances Blair
Avril Nora Blair Editar o valor en Wikidata
ParentesEllen Kate Limouzin, tía Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDiccionari biogràfic del moviment obrer als Països Catalans, (sec:Orwell, Georges, p.1003-1004)
Q136411109 Traducir
Historical Dictionary of Science Fiction, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000567 Allocine: 37743 IBDB: 513419
Enciclopedia Galega Universal: 160914 BNE: XX1158631 BUSC: 981013403210007712 Apple Music: 2632114 Musicbrainz: 3705ef0e-1de7-42cf-a1ea-334e1128b1f7 Songkick: 112264 Discogs: 459609 WikiTree: Blair-1927 Find a Grave: 2186 Editar o valor en Wikidata

Eric Arthur Blair, nado en Motihari (India) o 25 de xuño de 1903 e finado en Londres o 21 de xaneiro de 1950, foi un escritor inglés, máis coñecido co pseudónimo de George Orwell. É recoñecido como un dos mellores ensaístas do século XX, se ben cobra especial relevancia no campo da ficción narrativa como autor de dúas novelas fundamentais da literatura contemporánea: A revolta dos animais e 1984.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou no Eton College de Inglaterra grazas a unha bolsa de estudos. En decembro de 1921 ingresa nunha academia de Southwold en Suffolk para prerapar o seu ingreso na policía. Prestou os seus servizos na Policía Imperial India destinado en Birmania, de 1922 a 1927, data en que volveu a Inglaterra.

Enfermo e loitando por abrirse camiño como escritor, viviu varios anos na pobreza, primeiro en París e máis tarde en Londres. Como resultado desta experiencia escribiu o seu primeiro libro Down and Out in Paris and London (1933), onde relata as sórdidas condicións de vida das xentes sen fogar. Burmese Days (1934), un feroz ataque contra o imperialismo, é tamén en gran medida unha obra autobiográfica. A súa seguinte novela, A Clergyman's Daughter (1935), conta a historia dunha solteirona infeliz que atopa de xeito efémero a súa liberación vivindo entre os labregos.

En 1937, durante a Guerra civil española, Orwell loitou na fronte de Aragón coa 29ª División, formada pola milicia do POUM trotskista. Durante a ofensiva de Huesca recibiu un balazo na gorxa, o que o obrigou a retirarse da guerra. Despois pasa seis meses en Marrocos para recuperarse da ferida. O autor describe a súa experiencia bélica en Homage to Catalonia (1938), un dos relatos máis conmovedores escritos sobre esta guerra e no que se fai responsable ó Partido Comunista de España (PCE) e á Unión Soviética da destrución do anarquismo español que supuxo o triunfo das tropas de Franco. The Road to Wigan Pier (1937), escrita nesta mesma época, é unha crónica desgarradora sobre a vida dos mineiros sen traballo no norte de Inglaterra.

Durante a Segunda guerra mundial, Orwell participou na Home Guard, organización británica de defensa civil, e desenvolveu unha intensa actividade xornalística e política. Entre 1941 e 1943 traballou no Servizo Oriental da BBC, preparando programas de radio dirixidos principalmente á poboación da India e doutras rexións de Asia, co obxectivo de promover o apoio aos Aliados.[1]

A súa participación na propaganda británica produciuse malia as súas posicións contrarias ao colonialismo, que xa expresara en obras como Burmese Days. Orwell manifestou posteriormente o seu desencanto coa burocracia e a propaganda radiofónica. En 1943 abandonou a BBC e converteuse en editor literario do semanario socialista Tribune, onde publicou a columna «As I Please». Naqueles anos fortaleceu a súa defensa do socialismo democrático e a oposición ao fascismo e ao estalinismo.[2]

En 1945 publicou A revolta dos animais, unha fábula alegoría da Revolución Rusa e da consolidación do poder estalinista. En 1949 apareceu 1984, novela distópica sobre a manipulación da información, a represión política e o control social, que ofrece unha descrición estarrecedora da vida baixo a vixilancia constante do "Grande Irmán".
Cabe citar entre outros escritos, a novela Keep the Aspidistra Flying (1936) e Shooting an Elephant (editado en 1950 xunto con outros ensaios), ambas consideradas modelos da prosa descritiva, e unha recompilación de ensaios editada en 1953, como un recordo dos seus difíciles anos de estudante. En 1968 publicáronse en catro volumes os seus Ensaios Completos: Periodismo e Cartas.
George Orwell morreu de tuberculose en xaneiro de 1950.

A lista de 1949

[editar | editar a fonte]

En maio de 1949, poucos meses antes de morrer, Orwell entregou á súa amiga Celia Kirwan, empregada do Information Research Department (IRD), organismo secreto de propaganda anticomunista do Goberno británico, unha lista de 38 persoas que consideraba simpatizantes da Unión Soviética ou próximas ao comunismo.[3] Entre elas figuraban Charles Chaplin, Michael Redgrave, J. B. Priestley, E. H. Carr, Walter Duranty, Tom Driberg etc.[4]

A relación procedía dun caderno privado con 135 nomes, entre eles Katharine Hepburn, Orson Welles, George Bernard Shaw, Paul Robeson e John Steinbeck, que non figuraban na selección entregada ao Goberno.[5] O caderno, conservado na University College de Londres, incluía anotacións ideolóxicas e persoais, algunhas con prexuízos raciais e referencias á orientación sexual dos sinalados. Orwell riscou dez nomes, entre eles o de A. J. P. Taylor.[3]

Parte do caderno publicouse en 1998 e a lista remitida ao IRD fíxose pública en 2003. Dada a súa defensa das liberdades e a súa crítica da vixilancia e a represión ideolóxica en obras como 1984, a revelación provocou unha forte controversia pola colaboración cun organismo secreto de propaganda estatal.[3]

Varias obras de George Orwell foron traducidas ao galego. Entre elas:

[6] [7] [8]

  1. ↑ «George Orwell at the BBC». The Orwell Foundation, 10 de novembro de 2017.
  2. ↑ D. J. Taylor, «A Brief Life». The Orwell Foundation.
  3. 1 2 3 Timothy Garton Ash, «Orwell's List», The New York Review of Books, 25 de setembro de 2003.
  4. ↑ John Ezard, «Blair's babe», The Guardian, 21 de xuño de 2003.
  5. ↑ «George Orwell Creates a Who's Who List of “Crypto” Communists», Open Culture, 2015.
  6. ↑ «A granxa dos animais». BITRAGA, Biblioteca de Tradución Galega, Universidade de Vigo.
  7. ↑ «1984». BITRAGA, Biblioteca de Tradución Galega, Universidade de Vigo.
  8. ↑ Marcos Taracido, «George Orwell, o visionario». BiosBardia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]