Saltar ao contido

Manuel García Baliña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel García Baliña
Biografía
Nacemento9 de xuño de 1936 Editar o valor en Wikidata
Ames Editar o valor en Wikidata
Morte10 de febreiro de 2008 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiManuel García Cambón Editar o valor en Wikidata

Manuel García Baliña, nado en Burgueiros (Ames) o 9 de xuño de 1936 e finado en Santiago de Compostela o 10 de febreiro de 2008, foi un empresario galego.

Traxectoria empresarial

[editar | editar a fonte]

Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago, traballou longos anos na empresa madeireira FINSA, da que era propietario e fundador o seu pai, Manuel García Cambón. En 1990, co falecemento deste, pasou a ocupar o posto de presidente da firma, así como o maior número de participacións da empresa a canda o seu irmán Santiago García Baliña, na maioría pertencentes a persoas vencelladas á mesma familia.

Durante a súa etapa á fronte da empresa, acadou a compra de varias empresas do sector e expandiu o seu mercado ata converterse na quinta empresa de Galicia[1] e na sexta madeireira de Europa,[2] dedicada á produción de taboleiro aglomerado, MDF e mobles de montaxe sinxela para grandes cadeas de distribución, como Ikea ou Leroy Merlin.

  1. ↑ "Conmoción en Compostela por el fallecimiento de Lolo Cambón". www.elcorreogallego.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2021. Consultado o 2021-03-17.
  2. ↑ Manuel Vázquez Sola (23 de setembro de 2007). "El gigante maderero ya es líder en muebles". El País.