Saltar ao contido

Oso panda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oso panda
 Nome taxon
    Ailuropoda melanoleuca
 Nome curto
    A. melanoleuca (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Lista do elemento
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
Características
 Representa
 Fonte de alimentación
 Hábitat
 Caracterizado por
 Conservación
Especie vulnerable
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeCarnivora
FamiliaUrsidae
XéneroAiluropoda
EspecieAiluropoda melanoleuca Editar o valor en Wikidata
(David, 1869) Ailuropoda melanoleuca Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
 Tamaño da niñada
   1,5 Editar o valor en Wikidata
 Duración máxima da vida
   36,8 a Editar o valor en Wikidata
 Período de xestación
   130 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Endémico en
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/03bj1 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2908694543 Editar o valor en Wikidata
ITIS621845 Editar o valor en Wikidata
OTT872573 Editar o valor en Wikidata
UICN712 Editar o valor en Wikidata
CoL6673Q Editar o valor en Wikidata
EOL328070 Editar o valor en Wikidata
 URL de xenoma secuenciado
BNE: XX530615
Wikidata G:Commons C:Commons
oso panda

O oso panda[1] ou panda xigante (Ailuropoda melanoleuca) é unha especie de mamífero da orde dos carnívoros e, malia que hai unha salientable controversia ó respecto, os últimos estudos do seu ADN inclúeno entre os membros dos osos, sendo o Tremarctos ornatus suramericano o seu parente máis achegado. Por outra banda cabe dicir que o chamado panda menor ou panda vermello e o panda xigante non pertencen á mesma familia.

Natural da China central, o panda xigante vive en rexións montañosas das provincias de Sichuan e o Tíbet, ata unha altitude de 3.500 metros. Trátase dun animal en perigo de extinción. Segundo estatísticas de 2004 e 2005, hai uns 1.600 vivindo nas selvas e 188 en catividade, e estímase que a cantidade de individuos que viven en liberdade está en aumento.

O principal alimento do panda xigante é o bambú (un 99% da súa dieta), malia que tamén come froita, pequenos mamíferos, peixes e insectos. É un bo agatuñador, pero é raro velos subidos nas árbores. A súa adaptación á catividade é doada.

Unha clasificación controvertida

[editar | editar a fonte]

Houbo numerosos debates sobre a posición filoxenética dos pandas (o maior e o menor) e os mapaches, desde situalos a todos na familia dos prociónidos, até situar o xénero Ailuropoda nunha familia propia, a dos ailuropódidos.[2] Porén, recentes análises xenéticas mostran que o panda xigante é un parente moi próximo dos osos, polo que a maioría dos autores o sitúan dentro da familia dos úrsidos como único representante actual da subfamilia dos ailuropodinos,[3] mentres que a clasificación do panda menor (Ailurus fulgens) aínda se discute.

A situación taxonómica do oso panda a finais de 2021

[editar | editar a fonte]

Catro das máis serias bases de datos ás que temos acceso por Internet, MSW, GBIF, ITIS e BioLib, coinciden en que Ailuropoda melanoleuca é un úrsido e, dúas delas, confirma que, dentro dela, a especie constitúe unha subfamilia propia. Daquela, podemos formar este pequeno Taxobox:

Familia Ursidae

  1. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para panda.
  2. ↑ Ailuropodoidae en The Free Dictyonary.
  3. ↑ Ailuropodinae Arquivado 10 de novembro de 2013 en Wayback Machine. en Paleobiology Database.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.