Saltar ao contido

Panay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Panay
 Xentilicio
panayana (es-419)
Panayan (en)
panayano (es-419)
Panayanon (krj)
Panayanon (hil) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Localización
 Situado en
 Situado na entidade xeográfica
 Continente
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   4.477.247 (2015) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   12.011 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   2.049 m Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
    Mount Madia-as (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap3644635 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01knn8 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Panay é unha illa filipina do arquipélago das Visayas. Ten 11.514 km². Distínguense na mesma tres rexións: a occidental, con montañas de ata 2.180 m; a chaira central, percorrida polos ríos Sibalom, Jaro e Jalaud; e os outeiros do leste.

As principais cidades son Iloilo e Roxas. A súa economía baséase no sector primario: azucre, arroz, pesca. Tamén se explotan as selvas (ébano) e extráense cobre, carbón, manganeso, cromo e mercurio.

O nome da illa foi dado polos Estados Unidos de América a algúns dos seus barcos, o máis coñecido foi o USS Panay, lancha canoneira do río Yang-Tse-Kiang, que as tropas xaponesas ametrallaron ata afundilo, en decembro de 1937, durante o saqueo de Nanjing. O incidente do Panay provocou por milagre só dous mortos nas numerosas persoas de orixe occidental que se refuxiaran a bordo, fuxindo das tropas xaponesas. Todo o acontecemento foi filmado ao longo por correspondentes de guerra de varios países que estaban a bordo. Un mes despois, as películas difundidas nos Estados Unidos durante o período das festas de fin de ano provocaron a ira do pobo e numerosas manifestacións esixindo unha reaccion enérxica do goberno. Roosevelt ameazou con declarar a guerra ao Imperio do Xapón, pero o goberno nipón, ao seu pesar, escusouse abundamente do "erro" dos seus soldados e pagou unha gran multa aos americanos.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O Monte Nangtud, é o punto máis alto na illa de Panay que se atopa a 2.205 m. sobre o nivel do mar. Boracay é unha illa a 2 km ao noroeste e parte da provincia de Aklan, é un destino turístico popular.

Divisións administrativas

[editar | editar a fonte]

A illa está cuberta por 4 provincias, 92 municipios, e desde 2014, 3 cidades (93 municipios se inclúese o grupo de Illas asociadas de Caluya), todas baixo a xurisdición da rexión de Visayas Occidental.

Escudo Provincia Poboación
(2015) censo [1]
Superficie Densidade Capital Concellos
(incluíndo
Illas asociadas*)
Cidades Localización
Aklan 574.823 Erro de Lua en Módulo:Convert na liña 272: attempt to index local 'cat' (a nil value), 290 hab/km² Kalibo —
Antique 582.012 Erro de Lua en Módulo:Convert na liña 272: attempt to index local 'cat' (a nil value), 200 hab/km² San Jose de Buenavista —
Capiz 761,384 Erro de Lua en Módulo:Convert na liña 272: attempt to index local 'cat' (a nil value), 280 hab/km² Roxas Roxas
Iloilo 2.384.415 Erro de Lua en Módulo:Convert na liña 272: attempt to index local 'cat' (a nil value), 440 hab/km² Iloilo City Iloilo
Passi
Escudo Provincia Poboación
(2015)
Superficie Densidade Capital concellos Cidades Localización

Notas: O concello de Caluya na provincia de Antique está composta por illas separadas que se inclúen baixo os grupo de illas de Panay. As cifras de Iloilo inclúen a cidade independente de Iloilo.

  1. ↑ "PSGC Interactive; List of Provinces". Philippine Statistics Authority. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2013. Consultado o 29 de marzo de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]