Abenamar
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1031 (Gregoriano) Silves |
| Morte | 1086 (Gregoriano) Sevilla |
| Visir | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Islam |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Poeta |
| Ocupación | escritor, gobernador, ministro, xadrecista, poeta |
| Deporte | xadrez |
Abenamar' [1] ou Ibn Amar [2], nado en 1031 e finado en 1086, foi un poeta nado en Silves ou Estombar, ambos situados no actual Portugal, que chegou a ser primeiro ministro da Taifa de Sevilla.
Biografía
[editar | editar a fonte]Abenamar era pobre e pouco coñecido, a súa habilidade na poesía e, sobre todo, a súa beleza masculina, atraían ao mozo Al-Mutamid (r. 1069–1095), quen o nomeou primeiro ministro nalgún momento despois da morte do seu pai Al-Mutadid. Abenamar era coñecido por ser invencible xogando ao xadrez ; segundo Abdeluaid al-Marraquexi, a súa vitoria nunha partida convenceu a Afonso VI de León para que abandonase Sevilla.[3]
Planeou a anexión de Murcia ao reino de Sevilla, convencendo a Almutamid para que o convertese no seu gobernador. Rapidamente proclamouse rei e cortou os lazos con Al-mutamid. Caeu do poder rapidamente, sendo capturado nunha emboscada e preso en Sevilla. Inicialmente, Al-mutamid tendeu a perdoalo, pero máis tarde mostrouse indignado por algo que leu nunha carta interceptada enviada por Abenamar desde a súa cela. Foi o propio rei quen matou o poeta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Alves 2014, p. 61.
- ↑ Coelho 1989, p. 225, 227, 238.
- ↑ Sevilla, Patrimonio de. "La leyenda de Abenamar…..y una partida de ajedrez – Patrimonio de Sevilla" (en castelán). Consultado o 2022-05-19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abenamar |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Coelho, António Borges (1989). Portugal na Espanha Arabe: História. Lisboa. ISBN 9722104209.