Saltar ao contido

Bambi

Esta páxina está semiprotexida
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bambi
Donald Novis Editar o valor en Wikidata
 Título
    Bambi (en) Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Forma artística
 Baseado en
 Inspirado na obra de
 Dedicado a
 Universo ficticio
 Personaxes
 Edicións
 Lingua orixinal
 Caracterizado por
 Método de fabricación
 Cor
Implicados
 Produtor/a
 Director/a artístico/a
 Dedicado a
 Interpretado por
 Compositor/a
 Guionista
 Elenco
sen valor Editar o valor en Wikidata
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
19 de decembro de 1950 (Alemaña)
19 de decembro de 1950 (Alemaña do Oeste)
4 de outubro de 1943 (Suecia)
21 de agosto de 1942 (Estados Unidos)
14 de agosto de 1942 (Salt Lake City)
1942 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
 Parte da serie
 Sucedido por
 Premios e distincións
 Nomeamentos
Óscar á mellor música (comedia ou drama) (8 de febreiro de 1943)
Óscar ó mellor son (8 de febreiro de 1943) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Formato imaxe
 Custo
   1.200.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Recadación
   267.447.150 $ Editar o valor en Wikidata
 Duración
   69 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
VIAF208708906 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0001-078E-0000-J-0000-0000-H Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04j1zjw Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
7.3/10 Internet Movie Database (13 de marzo de 2026)
91% Rotten Tomatoes (7 de febreiro de 2026)
91/100 Metacritic (6 de decembro de 2024)
8.3/10 Rotten Tomatoes (10 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0034492 Filmaffinity: 206403 Allocine: 2223 Rottentomatoes: m/bambi Mojo: bambi Allmovie: vm1080235 TCM: 68039 Metacritic: movie/bambi TV.com: movies/bambi Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Bambi é un filme de animación en Technicolor, baseado no relato Bambi, unha vida no bosque (Bambi, ein Leben im Walde no orixinal en alemán), publicado en 1923 polo autor austríaco Felix Salten. É o quinto filme de animación producido por Walt Disney Pictures, estreado o 13 de agosto de 1942, e distribuído por RKO Radio Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos.

Os personaxes principais son Bambi, un cervo de cola branca, os seus pais (o Gran Príncipe do bosque e súa nai), os seus amigos Tambor (un coello de fociño rosado) e Flor (unha mofeta), e a súa amiga de infancia e futura compañeira, Faline. Para este filme, Disney decidiu cambiar a especie de Bambi dun corzo da historia na historia orixinal xa que é un animal que non vive en América para un cervo de cola branca que é máis familiar para americanos. Este filme foi premiado con tres Oscar, nas categorías de Mellor Son, Mellor Canción para Love Is a Song interpretada por Donald Novis e Mellor Banda Sonora.

Sinopse

Bambi é a historia dun veado contada desde a súa percepción dos acontecementos. Cos seus amigos, como Tambor o coello ou Flor a mofeta, irá descubrindo sabias leccións ao respecto do amor e mais da vida. O perigo vén representado polo ser humano, que Bambi vai comprendendo a través de duras experiencias como a perda da nai, que cae abatida polos cazadores.

A versión animada da historia omite a varios personaxes do libro, tales como Gobo, Karus o Rono e mesmo pasa por alto certas incursións e encontros co Home. Por outra banda, os carismáticos personaxes de Flor e Tambor son invencións da Disney.

Personaxes

  • Bambi, a personaxe principal do filme:
  • Thumper, un amigo de Bambi:
    • Peter Behn como Thumper de pequeno
    • Tim Davis como Thumper adolescente
    • Sam Edwards como Thumper adulto
  • Paula Winslowe como nai de Bambi
  • Flower, unha mofeta e outro amigo de Bambi:
    • Stan Alexander como Flower de pequeno
    • Tim Davis como Flower adolescente
    • Sterling Holloway como Flower adulto
  • Will Wright como Owl
  • Faline, unha cerva da cal se namora Bambi:
  • Fred Shields como Gran Príncipe do Bosque
  • Margaret Lee como Mrs. Rabbit
  • Mary Lansing como Tía Ena e Mrs. Possum
  • Perce Pearce como Mr. Mole[1]

Notas

  1. ↑ Gez, Didier (2012). Walt's People-Volume 12: Talking Disney with the Artists who Knew Him. Xlibris. ISBN 978-1477147894. P.59.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Wills, John (2015). "Felix Salten’s Stories: The Portrayal of Nature in Bambi, Perri and The Shaggy Dog". En Jackson, Kathy Merloch; West, Mark I. Walt Disney, from Reader to Storyteller: Essays on the Literary Inspirations. Jefferson (N.C.): McFarland. pp. 45–61. ISBN 978-0-7864-7232-1. 

Outros artigos

Ligazóns externas