Saltar ao contido

Proteo (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Proteo
 Designación provisional
    S/1989 N 1 Editar o valor en Wikidata
Diagrama de tamaño
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Proteu (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
 Astro pai
Implicados
 Inventor/a ou descubridor/a
Datas
 Descuberta / invención
16 de xuño de 1989 Editar o valor en Wikidata
 Época
Cifras e dimensións
 Radio
209 km
210 km Editar o valor en Wikidata
 Volume
   34.000.000 km³ Editar o valor en Wikidata
 Masa
   50 Zg Editar o valor en Wikidata
 Apoapse
   117.702 km Editar o valor en Wikidata
 Periastro
   117.592 km Editar o valor en Wikidata
 Excentricidade orbital
   0,00053 Editar o valor en Wikidata
 Inclinación orbital
0,524 °
0,026 ° Editar o valor en Wikidata
 Período orbital
   1,122314 d Editar o valor en Wikidata
 Semieixo maior
   117.647 km Editar o valor en Wikidata
 Albedo
   0,096 Editar o valor en Wikidata
 Temperatura
   51 K Editar o valor en Wikidata
 Magnitude aparente
   19,7 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/016wct Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Proteo (en grego Πρωτεύς), tamén coñecido coma Neptuno VIII, é o segundo satélite en tamaño de Neptuno, e o máis grande dos satélites interiores de Neptuno. É a lúa irregular máis grande do Sistema Solar. Sería máis tarde chamada Proteo, nome dun deus do mar que podía cambiar de forma na mitoloxía grega.

Descubrimento

[editar | editar a fonte]
Mapa de Proteo.

Proteo foi descuberto grazas ás imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2 durante o seu achegamento a Neptuno no ano 1989. Recibiu a designación temporal de S/1989 N 1. Stephen P. Synnott e Bradford A. Smith anunciaron o seu descubrimento (IAUC 4806) o 7 de xullo do 1989, falaban só de 17 fotogramas tomados ó longo de 21 días, o cal coloca a data do descubrimento algúns días antes do 16 de xuño. O nome foille outorgado o 16 de setembro de 1991.[1]

Características físicas

[editar | editar a fonte]

Proteo ten máis de 400 quilómetros de diámetro, máis grande que Nereida, outra das lúas de Neptuno. A pesar do seu tamaño, non foi descuberta polos telescopios terrestres por que está tan próxima ó planeta que o seu brillo perdese no resplandor da luz solar reflectida polo propio Neptuno.

Vista simulada de Proteo orbitando Neptuno.

Proteo está cheo de cráteres de impacto, pero non amosa signos de modificacións de tipo xeolóxico. Ten unha forma irregular, pero os expertos pensan que Proteo é tan grande como é posible para un corpo celeste coa súa densidade e forma irregular, se fose un pouco máis grande ou denso, caería nunha forma esférica debido á súa propia gravidade.[2] A lúa de Saturno, Mimas ten unha forma máis esférica tendo unha densidade máis baixa e malia evidentemente ser menos masivo que Proteo.

  1. ↑ "IAU Circular No. 5347". 16 de Setembro de 1991. Consultado o 10-04-2007.
  2. ↑ Michael E. Brown. California Institute of Technology, Department of Geological Sciences, ed. "The Dwarf Planets". Consultado o 09-02-2008.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]